Procedemento de reclamación de responsabilidade patrimonial

Description

Formulario web para que envíe as súas reclamacións de responsabilidade patrimonial da Administración no ámbito das competencias deste Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, de acordo co artigo 32 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.

Pode utilizar este formulario para a presentación, se é o caso, do recurso de reposición e do recurso extraordinario de revisión que, de acordo co artigo 123 e o artigo 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, respectivamente, se interpoñan contra as resolucións ditadas nos procedementos de reclamación de responsabilidade patrimonial do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Tamén poderá achegar, a través deste formulario, documentación relativa ás reclamacións de responsabilidade patrimonial e os recursos de reposición ou extraordinarios de revisión.

Información xeral

O artigo 32.1 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, establece que os particulares terán dereito a ser indemnizados polas Administracións Públicas correspondentes, de toda lesión que sufran en calquera dos seus bens e dereitos, sempre que a lesión sexa consecuencia do funcionamento normal ou anormal dos servizos públicos salvo nos casos de forza maior ou de danos que o particular teña o deber xurídico de soportar de acordo coa Lei.

O artigo 67.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas dispón que os interesados só poderán solicitar o inicio dun procedemento de responsabilidade patrimonial, cando non prescribise o seu dereito a reclamar. O dereito a reclamar prescribirá ó ano de producido o feito ou o acto que motive a indemnización ou se manifeste o seu efecto lesivo. En caso de danos de carácter físico ou psíquico ás persoas, o prazo empezará a computarse desde a curación ou a determinación do alcance das secuelas.

O artigo 67.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece que na solicitude que realicen os interesados deberanse especificar as lesións producidas, a presunta relación de causalidade entre estas e o funcionamento do servizo público, a avaliación económica da responsabilidade patrimonial, se fose posible, e o momento en que a lesión efectivamente se produciu, e irá acompañada de cantas alegacións, documentos e informacións se estimen oportunos e da proposición de proba, concretando os medios de que pretenda valerse o reclamante.

Prazo contestación

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de seis meses desde a data de entrada no Rexistro do Departamento, conforme o artigo 91.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, sen prexuízo das suspensións a que houbese lugar nos casos previstos no artigo 22, en relación co artigo 81 da devandita norma. Transcorrido ese prazo sen que recaese resolución expresa, poderá entender, se aos seus intereses convén, que a resolución é contraria ás súas pretensións e considerar aberta a vía contencioso-administrativa.

Contacta connosco

Para cuestións sobre o procedemento contactar coa Unidade Xestora do procedemento:

Correo electrónico:sgjuridica@inclusion.gob.es

Application

  • Vía telemática (con DNIe, certificado electrónico ou Cl@ve) :

     

    Pode presentar telematicamente a reclamación completando o formulario web ao que se accede desde o enlace anterior. Solicitaráselle que se identifique e asine dixitalmente o seu contido de acordo cos requisitos establecidos para o acceso ao Rexistro Electrónico.

    Segundo o artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, as persoas físicas poderán elixir en todo momento se se comunican coas Administracións Públicas para o exercicio dos seus dereitos e obrigas a través de medios electrónicos ou non, salvo que estean obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas. O medio elixido pola persoa para comunicarse coas Administracións Públicas poderá ser modificado por aquela en calquera momento.

    En todo caso, estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos coas Administracións Públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo, polo menos, os seguintes suxeitos:

    1. As persoas xurídicas.
    2. As entidades sen personalidade xurídica.
    3. Os que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.
    4. Os que representen a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.
    5. Os empregados das Administracións Públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado público, na forma en que se determine regulamentariamente por cada Administración.

     

  • Presencial ou por correo postal (sen DNIe, certificado electrónico nin Cl@ve) :

     

    No caso de non dispoñer de medios electrónicos, realizando un escrito asinado polo interesado, expoñendo o obxecto da súa reclamación, onde se fará constar o seu nome e apelidos, teléfono, domicilio, e no seu caso, dirección de orreo electrónico para poder remitirlle a súa contestación, se así o indica.

    O escrito de reclamación de responsabilidade patrimonial pódese presentar nos rexistros e oficinas recollidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

 

Access type

Electronic ID icon Electronic certificate icon Clave Icon

Management Unit

Subdirección Xeral de Coordinación Xurídica (Subsecretaria do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións).

SIA Code

2311132
Access the procedure